miércoles, 23 de septiembre de 2009

Un coruñés no Consello de Contas


Según escoitamos onte nos medios de comunicación, o ex conselleiro de Economía José Antonio Orza e o catedrático de Economía José Ramón Núñez Gamallo acaban de ser nomeados polo Parlamento como representantes do PPdeG e do PSdeG no Consello de Contas, o órgano fiscalizador das contas de Galicia.

O ex-conselleiro Orza ven sendo unha persoa ben coñecida e acumula ampla experiencia no ámbito das finanzas, foi deputado e conselleiro de Economía dende 1990 ata 2005. É profesor de Economía e Facenda de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, é membro do Corpo Superior de Inspectores de Finanzas do Estado, actividade que exerce na actualidade.

O coruñés José Ramón Núñez Gamallo, é doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola facultade da Universidade dá Coruña con sobresaínte cum laude, ademáis de especialista en economía e administración de empresas. Nacido o 3 de abril de 1964, traballa na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da universidade coruñesa onde quenes o coñecen falan maravillas del.

O certo é que, se ben o importante e a capacidade dos nomeados para desenvolvélo posto, coidamos que é motivo de orgullo o feito de que un veciño noso, que criouse no barrio dos Maios ,acceda a este organismo.

No hay comentarios: