martes, 29 de septiembre de 2009

A Coruña en el Consorcio de As Mariñas

Hoy se ha dado un gran paso para el desarrollo de A Coruña y su zona de influencia más definida al integrarnos en el Consorcio de As Mariñas. ¿Por qué? porque el compartir recuross permite la optimización y una mayor agilidad para la prestación de servicios públicos en general, así como sentar las bases de la futura área metropolitana. A nuestra ciudad le corresponde liderar este proyecto por ser el motor económico y social de la comarca, y este debe ser el camino, un camino de consenso y entendimiento entre administraciones locales que deberá contar con el apoyo de la Xunta

EFE:
Nunhas declaracións aos medios trala reunión, desenvolvida no Palacio Municipal de María Pita, o alcalde de Culleredo e presidente do Consorcio, Julio Sacristán, sinalou que "hai un antes e un despois da reunión de hoxe", da que afirmou que todos os alcaldes saíron convencidos "de que esta vez vai en serio", posto que o novo texto legal modificará "substancialmente" todo, aínda que os beneficios son os mesmos.



Neste sentido, os novos estatutos recollerán, tralo acordo de todos os concellos, que sexa o da Coruña o que lidere o Consorcio e decida a forma de voto, aínda que "sen lle dar un cheque en branco", e que sexa tamén a que presida este consorcio, apuntou Sacristán.

Para o primeiro edil de Culleredo, o encontro de hoxe foi unha reunión de traballo "clarificadora", na que as palabras do alcalde da Coruña, Javier Losada, foron "convincentes e rotundas".

Pola súa banda, Javier Losada, ademais de subscribir as palabras de Sacristán, incidiu na importancia da incorporación da Coruña ao consorcio, xa que permitirá establecer unha maior funcionalidade para o transporte, o abastecemento e depuración de augas, os servizos sociais -especialmente no asunto de migracións-, as formulacións urbanísticas e as infraestruturas.



Respecto da constitución da Area Metropolitana, Sancristán sinalou que "é un camiño moi longo que non podemos esperar", mentres que o rexedor coruñés considerou que é a base para a súa constitución e para que a Xunta vexa que non só teñen as prestacións de servizos mancomunadas, senón a vontade de ser unha Area Metropolitana.

No hay comentarios: