jueves, 10 de septiembre de 2009

Concerto Solidario Viraventos


O vindeiro mércores 30 de setembro ás 20.30 terá lugar o "Concerto Solidario Viraventos".
Organizado pola nosa ONGD pretende recadar fondos para o mantemento da asociación e para as xornadas de sensibilización que estamos organizando para o próximo mes de outubro.

O concerto, que estará presentado por Xurxo Souto, terá como cartel aos grupos de música galega "Cantigas de Terra, "Chámalle Xis", "Ruote" e "Tiruleque", así como "Galu Teranga", banda senegalesa formada por usuarios de Viraventos.

As entradas do concerto están dispoñibles á venda no quiosco da praza de Ourense e na web de Caixanova (www.caixanova.com) ou a través do seu número de teléfono 902 504 500. O custo da entrada é 10 euros. Ademais realizarase un sorteo solidario, no cal sortearase unha peza de cerámica cedida por unha ceramista galega e un lote de produtos de comercio xusto, para aqueles que teñan a papeleta coa que coincidan os catro últimos números do sorteo da ONCE dese mesmo dia.

No hay comentarios: