martes, 1 de septiembre de 2009

A praza de Azcárraga acollerá os venres de setembro un festival de curtametraxes

As curtametraxes saen de paseo e chegan ata a praza de Azcárraga nun mes de setembro, onde haberá distintas citas na rúa. En concreto, este punto será pantalla para traballos, cun claro sabor “made” na casa, que se codearán con outras producións de fóra, tocando un repertorio de xéneros extenso que vai desde a ficción, á animación ao documental e que se comezarán a proxectar o próximo venres, a partir das dez e media da noite.

A actividade chámase “Festival on five” e inclúe para a primeira sesión os seguintes títulos: “Pánico a una muerte ridícula”, de Rubén Stein; “No corras tanto”, de César Díaz Melendez; “Ferro ardendo”, de Miguel García Fernández; “Cestla Vie”, de Young gyu Lee; “Cores”, de Jairo Iglesias; “Mariñeiros”, de Omar Rabuñal; “La sortie”, de Jesús Domínguez, e “O raio trasparente”, de Pancho Lapeña. Un total de oito pezas diferentes en estética, que servirán ao espectador para darlle unha idea do que o cinema cociña.

Nunha segunda xornada, o 11 de setembro, a Cidade Vella será testemuña de “The Wereping”, de Sam Orti; “Niño Balcón”, de Pilar Palomero; “Tan preto e tan lonxe”, de Isabel Rey; “Socarrat”, de David Montero; “En la otra camilla”, de Luis Melgar; “In the name of God”, de Julia Geker; “El encargado”, de Sergio Barrejón e “Campás”, de Jairo Iglesias. Nunca terceira entrega, o 18, poderanse ver “0,8 Miligramos”, de Imanol Ruíz; “Continuará”, de Esther Fernández; “Túneles en el río”, de Augusta Zourelidi; “Funners”, de Marc Reixach; “On the line”, de Jon Garaño; “Pode ser”, de Carlos Seijo, e “Marruecos”, un viaje de colores”, de Álvaro Sanz.

Como remate de ciclo están “El ministerio del pez”, de Giovanni Maccelli; “Muto”, de Blu; “La chica dentro de la caja”, de Matt Dickinson; “Micntc”, de Carlos Prado; “Lei Ling”, de Stepha.
(El Ideal Gallego)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Creo que hay algunas erratas: los directores se llaman Rubin Stein y David Moreno. Y los cortos son "Runners", "The werepig" y "El misterio del pez".

¡Mucha suerte con las proyecciones!