lunes, 7 de septiembre de 2009

Escolas Deporivas Municipais Curso 2009 - 2010



Aberto o Prazo de solicitude para as plazas libes: dende o 7 ata o 11 de setembro, ambos os dous incluídos.

Idades: dende os 6 anos en diante.
Modelo de solicitude: é o establecido polo Servizo Municipal de Deportes, poderase recoller nas instalacións deportivas municipais e na páxina web municipal www.coruna.es/deportes.
Lugar de presentación das solicitudes: exclusivamente nas oficinas das instalación deportivas (C.D. Riazor, C.D. A Torre e Pº Barrio das Flores).

Criterios de selección: Naqueles cursos nos que a demanda sexa maior que a oferta, procederase a asignar as prazas a partir da letra do primeiro apelido conforme ao sorteo que se faga ante o Secretario Xeral do Concello o día 14 de setembro. Terán preferencia os empadroados no Concello da Coruña.

Máis información: listaxes, sorteo, prazos de matrícula, etc..., nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais, na páxina web municipal e no teléfono de atención cidadán 010.


Pincha para baixar o modelo de Solicitude

No hay comentarios: