viernes, 11 de junio de 2010

Comparativa IBI

Só Burgos son máis económico que A Coruña, con 181 euros.

A familia media de A Coruña é a que paga unha das cotas máis baixas do Imposto de Bens Inmobles (IBI) entre as principais capitais de España, cunha taxa de 209 euros, segundo un estudio realizado por Eroski Consumer.

O informe conclúe que unha familia de clase media tipo --á que se asignou a xeito de simulación un piso "característico do seu nivel económico e social" de 100 metros cadrados-- paga 209 euros, 82 menos que a media do estudio e a metade que o que aboaría en Barcelona --589 euros-- . Só Burgos son máis económico que A Coruña, con 181 euros.

En comparación con 2006, a análise de Eroski Consumer aprecia un incremento do 15 por cento, o que supera o aumento do IPC neste mesmo período --un 8,7 por cento-- e eleva a taxa de 180 a 209 euros na actualidade.

En canto ao resto de niveis económicos, a capital herculina mantén unha posición "similar", xa que tanto o IBI que lle corresponde á familia tipo de clase alta --442 euros-- como o da clase baixa --92 euros-- sitúanse por debaixo da media.


No hay comentarios: