martes, 5 de octubre de 2010

O pleno do Concello aproba por segundo ano consecutivo a conxelación dos impostos e taxas municipais

A tenente de alcalde de Facenda, Carmen Marón, destacou que unha xestión seria e rigorosa permite manter os impostos conxelados para o próximo ano.
O pleno municipal debatiu catro asuntos referidos a: a aprobación inicial das ordenanzas fiscais e ordenanzas de prezos públicos para 2011, imposición e ordenación de contribucións especiais por ampliación do Servizo de Extinción de Incendios e aprobación inicial do expediente de ampliación do orzamento.
Ordenanzas fiscais, prezos públicos e taxas. Adaptaranse ás esixencias e previsións do próximo exercicio fiscal de 2011 e destaca o obxectivo do Concello de non subir os impostos e as taxas, para axudar ás economías familiares nestes momentos. Polo tanto, os impostos non soben, mantéñense conxelados por segundo ano consecutivo e mantéñense nas cifras de 2009 (IAE, IBI, Plusvalías, ICIO, Imposto de Vehículos), como unha mostra do compromiso do goberno municipal coas familias coruñeses. Ademais, tampouco soben nin a factura da auga nin o recibo de lixo, nin o de vaos, o que redunda positivamente na economía dos coruñeses, que teñen así un alivio nas súas economías domésticas.
Carmen Marón sinalou que esta conxelación, que chega mesmo á factura da auga e de lixo, é unha demostración do forte compromiso do goberno cos coruñeses e unha proba irrefutable da fortaleza da Facenda Municipal, cunhas contas saneadas, cunha xestión seria, responsable e austera.
Para saber más:

No hay comentarios: