martes, 24 de noviembre de 2009

Galicia acolle

Noticias llegadas a agradelorzan@gmail.com:



Pincha la imagen para ampliar

A Asociación de Centros Homologados (ACH), entidade sen ánimo de lucro, pon en marcha o programa subvencionado polo Fondo Social Europeo, de formación, información e sensibilización no ámbito da violencia de xénero dirixido á poboación inmigrante residente en Galicia: GALICIA ACOLLE EN IGUALDADE 2009.

O obxectivo deste programa é dar a coñecer a lexislación vixente, e que a comunidade inmigrante de Galicia dispoña de información sobre os recursos sociais ao seu alcance no suposto de ser vítima ou coñecedora dunha situación de violencia de xénero.

Para tal fin o proxecto comprende o deseño e a impartición dun módulo formativo que se presentará nas cidades de A Coruña, Ferrol, Narón, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e naquelas vilas de Galicia cunha maior presencia de persoas inmigrantes.

O módulo formativo transmitirase mediante un obradoiro cunha duración de catro horas, no que tamén se porá a disposición das persoas asistentes unha guía informativa sobre recursos fronte á violencia de xénero dispoñible en galego, castelán, francés, árabe e romanés.

O programa rematará coa celebración dunha xornada final para toda Galicia (lugar e data pendente de confirmación), titulada “Muller e inmigración”, na que abordaranse entre outros aspectos o relativo á violencia de xénero.

Para os efectos de facer chegar este proxecto ao maior número de persoas posible, dende a Asociación de Centros Homologados queremos contar con todas aquelas asociacións e entidades que promovan iniciativas a favor da igualdade, atendendo principalmente á problemática da muller inmigrante.

Convencida de que o proxecto resultará do voso interese, recibide un cordial saúdo,




E se queredes ampliar información, os datos de contacto son:
Gloria Del Valle Rodríguez
ACH-Santiago de Compostela
R/ Santiago de Chile 17, 15706
981 598 590

No hay comentarios: