sábado, 9 de mayo de 2009

Integración, deporte e futuro


O certo é que no barrio temos moitos veciños que viron de fora, e así contamos con colectivos que traballan a prol da integración como a Asociación de Emigrantes Guineoecuatorianos en Galicia(Aegega), que estes días tiveron a visita de Bodipo, o xogador do Dépor.

Esta é a primeira visita do xogador a esta asociación. El é «un ídolo dos nenos guineanos», «un xefe da selección», «un referente dos mozos» dixo o responsable da mesma. Rodolfo Bodipo é nacido andaluz pero de ascendencia guineana e está moi comprometido para que en Guinea Ecuatorial «avance a actividade deportiva e, sobre todo, a esperanza». Bodipo está a traballar nun colectivo que no futuro será unha fundación, en varios proxectos, tales como unha campaña contra a sida da man do goberno guineano, ou a construción dunha cidade deportiva e dunha escola educativa «para sacar da rúa aos nenos» da antiga colonia española.

A Aegega ofrece cursos e actividades, contribuen a integración e, de feito, ate van celebrar o do Día dás Letras Galegas. Gústanos contar con xente así por aquí, noraboa polas iniciativas.

No hay comentarios: