Fuente coruna.es, una apuesta por la renovación de barrios tradicionales como el nuestro de Mariñeiros:
"Demóstrase ademais o compromiso do goberno municipal cos barrios e coa recuperación das vivendas e edificios. Para realizar estes proxectos, o Concello conta coa colaboración do Ministerio de Fomento, o IGVS e os propios particulares. En total, rehabilitaranse 623 vivendas, ademais de realizar obras de urbanización e reurbanización, cun investimento total de 2,2 millóns de euros.
Está previsto que a execución dos convenios sexa a seguinte: ano 2011 para a preparación de proxectos e estudo de solicitudes; ano 2012 para o pago do 50% do importe das subvencións; ano 2013 para o pago do resto de subvencións e contratación de obras de urbanización; e ano 2014 para a finalización das obras de urbanización.
Por áreas, a repartición é o seguinte:
Vivendas Santa Cristina (Palavea):
-288 vivendas para rehabilitar. Investimento total de 780.000 euros para urbanización e rehabilitación. Achegas: 312.000 euros do Ministerio de Vivenda e IGVS, respectivamente, e 156.000 euros o Concello.
Vivendas Vos Mariñeiros:
-295 vivendas para rehabilitar. Investimento total de 810.000 euros para urbanización e rehabilitación. Achegas: 324.000 euros do Ministerio de Vivenda e IGVS, respectivamente, e 162.000 euros o Concello.
Vivendas o Birloque:
-40 vivendas para rehabilitar. Investimento total de 600.000 euros para urbanización e rehabilitación. Achegas: 240.000 euros do Ministerio de Vivenda e IGVS, respectivamente, e 120.000 euros o Concello.
Proxecto Rede Coruña Emprega II
Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén aprobou a solicitude de subvención para a concesión de axudas do Fondo Social Europeo para a realización do proxecto Rede Coruña Emprega II, que ten un importe total de 1,9 millóns de euros para desenvolverse do 2011 ao 2014. Por tanto, para o exercicio 2011 o custo do proxecto ascende a 234.350 euros, e apróbase a achega municipal ao proxecto para este ano que ascende a 47.000 euros, o 20% do total. Con este proxecto preténdese realizar unha planificación integral no campo de fomento do emprego a través de: a rede creada no Pacto Local polo Emprego, desenvolvemento de itinerarios integrados de inserción sociolaboral; e elaboración de estudos técnicos sobre as necesidades de emprego e as necesidades de innovación para a mellora da competitividade.
Concédese licenza a Invest Cos para a reforma e ampliación da actividade de complexo comercial, hotel de 4 estrelas e edificio de oficinas e concédese tamén licencia ao proxecto modificado, polo que se introducen modificacións que afectan á instalaicón do hotel e reaxuste das superficies. Con respecto ao proxecto anterior, prodúcese un incremento de superficie construída de 987,22 metros cadrados.
Así mesmo, concédese licenza de apertura para a ampliación da actividade da estación de servizo de Camps situada na estrada AC-11, Elviña, e concédese licenza de obra para a instalación dun depósito de GLP nesta estación.
Favorecer a conciliación familiar
A Xunta de Goberno tamén autorizou o investimento de 278.600 euros para contratar a prestación dos servizos de Espazos de Atención á Infancia (186.000 euros anuais); Atención á Infancia a domicilio (47.600 euros); e a rede municipal de ludotecas (45.000 euros). O prezo de duración do contrato é de dous anos. Desta forma, o Concello continuará ofrecendo estes servizos co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
Doutra banda, autorizouse o gasto de 160.000 euros anuais para a contratación do servizo de vixilancia, mantemento e conservación das instalacións de bombeo e depuración municipais.
En materia de asesoría xurídica, a Xunta coñece e consente diversas sentenzas, entre elas dous favorables aos intereses municipais relativas ao proxecto de ocupación directa do parque de Oza e ao recurso de apelación promovido por Iberia contra unha sentenza ditada no recurso interposto contra inactividade deste Concello en relación á falta de pagamento de cantidades derivadas de contrato de agosto de 1983 asinado con Aviación e Comercio SA.
Ademais, concédense dúas licenzas de instalación para estación de telefonía móbil de Vodafone, na rolda de Outeiro e en Pepín Rivero.
A Xunta de Goberno tamén aproba acudirse en 8 recursos promovidos contra o acordo que aprobou o Concello en novembro de 2010 polo que se lles desestima a solicitude de reversión das leiras para destinarse á construción dun campo de fútbol en San Vicente de Elviña.
Cabe lembrar que se desestimaron as solicitudes de reversión de leiras situadas na parroquia de San Vicente de Elviña adquiridas polo concello nos anos 1989 e 1990 para potenciar o patrimonio municipal. De acordo coa clasificación do chan no que se situaban as leiras, o Concello non puido realizar ningunha actuación expropiatoria como a que se lle imputa para solicitar unha pretendida acción reversional dos terreos. É dicir, non houbo expropiación e as adquisicións realizáronse como froito da libre vontade das partes."

No hay comentarios:
Publicar un comentario