sábado, 28 de marzo de 2009

Terceira rolda, novo impulso

Noticia de La Voz sobor da terceira rolda:
"A xunta de goberno aprobou onte o proxecto de expropiación de chan para a execución do último tramo da terceira rolda, cun importe de 422.014 euros. A superficie total é de 64.660,62 metros cadrados. O expediente de expropiación permanecerá exposto ao público por un prazo dun mes para posibles alegacións. O ámbito do expediente abarca parte do territorio delimitado polo trazado da terceira rolda segundo a modificación puntual do PGOM de 1998 para a adaptación ao proxecto sectorial de viario da terceira rolda, afectando a chan rústico de especial protección de infraestruturas na zona da Grela.
Segundo explicaron desde o Concello, con este último expediente finalizan as expropiacións de chan para a nova infraestrutura, cuxo custo total ascende a 280 millóns de euros."

No hay comentarios: