jueves, 14 de octubre de 2010

O goberno local ampliará e mellorará o parque infantil de Vioño na súa aposta pola revolución urbana

Esta é unha das nosas zoas de expansión ante a necesidade de espazos de expansión da xente do noso barrio, así que, contentos por elo.

A área de xogos do parque de Vioño ampliarase coa instalación dun xogo múltiple para nenos e nenas de 4 a 10 anos, outro xogo para maiores de 2 anos, unha randeeira dobre con asento de seguridade de 1 a 3 anos, e dous trampolíns para maiores de 3 anos. Ademais, recolocaranse a rede e o trampolín que xa existen no parque e instalarase chan de caucho continuo. Desta forma, mellorarase a accesibilidade ata os xogos e diferenciaranse dúas zonas na área infantil segundo a idade de uso. Está previsto que as obras, que se encontran en período de contratación, teñan unha duración de tres meses.

O concelleiro de Infraestruturas, Esteban Lareo, destaca a aposta do Concello por renovar e mellorar os parques infantís da cidade, respondendo as demandas da cidadanía e ás necesidades de cada barrio. Así, este compromiso tradúcese este ano nun investimento de medio millón de euros para realizar varias actuacións, entre elas, xogos na praza do Carme, mellora da área infantil do Paseo das Pontes, melloras na área de xogos do Castro de Elviña, ampliación da área no Parque Europa, instalación de pavimento de caucho continuo en Novo Mesoiro, Parque de Oza e Pedralonga.

Polo tanto, o goberno municipal repite por cuarto ano consecutivo en 2010 un investimento sen precedentes na creación e renovación dos parques infantís. Así, dende 2007 dedícase unha media de 800.000 euros anuais ás máis de 80 zonas de xogos distribuídas por todos os barrios e que fan da Coruña a cidade con máis áreas infantís de Galicia.

O obxectivo é seguir incrementando a rede de parques infantís, co fin de ampliar a oferta lúdica en cada barrio, con máis áreas infantís, máis xogos adaptados ás diferentes idades e sempre mellorando o mantemento e a súa conservación.

Nesta mesma liña, durante 2009, o Concello creou áreas infantís no parque da Sardiñeira, Carlos Casares e Manuel Murguía, así como en Eirís, onde se realizou unha importante renovación. Tamén se realizaron melloras noutras como Miguel Hernández, Benito Blanco Rajoy, San Cristóbal, San Amaro, Juan Naya, San Diego, Maestro Mateo, Monasterio de Cines, Villa de Cambre, escolas infantís de Ventorrillo e Salvador de Madariaga. Ademais, renováronse os xogos infantís de todos os centros de Educación Infantil e Primaria da cidade.

Desta maneira, Esteban Lareo afirma que os investimentos e as obras realizadas demostran o firme compromiso do goberno municipal con ofrecer a mellor rede de parques infantís de Galicia.
É máis, no ánimo de seguir mellorando, ampliouse o contrato de mantemento das áreas de xogos, para responder mellor e máis rápido ás demandas e mesmo se contratou un servizo independente de certificación de calidade, ao estilo das ISO, para garantir que todas as áreas infantís abertas cumpren as condicións establecidas pola Unión Europea.

Más:
http://http://www.coruna.es/servlet/Satellite?argIdioma=gl&c=Page&cid=1126200847854&itemID=1286960693910&itemTemplate=Portal-Noticia-Detalle&itemType=Suceso&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion

No hay comentarios: