Un bó resumo, en cifras importantes:
Ese investimento récord, que chega a todos os barrios da cidade, permitiu garantir e consolidar un elevado número de postos de traballo nas empresas grazas aos contratos e concesións municipais de servizos, pero tamén supuxo un importante revulsivo para a creación de novos postos de traballo, que está a superar as estimacións iniciais.
Así, os cálculos municipais a principios deste ano falaban dunha previsión de 4.100 postos de traballo entre os empregos garantidos e os de nova creación. Con todo, os datos de contratación das empresas recollidos o pasado mes de setembro e atendendo aos proxectos que aínda están pendentes de desenvolverse, pódese falar dun aumento do 13,29 por cento, chegando aos 4.645 empregos.
Esta cifra foi posible grazas ás concesións de servizos municipais, que este ano viviron un forte incremento na área de benestar, con novos servizos sociais que se prestan aos coruñeses e que supoñen a creación de empresas e a contratación de persoal para prestar eses servizos como atención a domicilio, comida a domicilio, e outros.
Ademais, as novas contratacións debéronse á importante carga de traballo que chegou ás empresas coruñeses grazas aos proxectos do goberno municipal e as importantes obras que se están facendo na cidade a través do Plan Investidor Municipal, que inclúe os investimentos do Orzamento Municipal, o FEIL e os fondos da UE.
Desta maneira séguense cumprindo os dous obxectivos fundamentais do Plan Investidor Municipal que sinalou o alcalde, Javier Losada: continuar a revolución urbana iniciada para modernizar a cidade e renovar as súas rúas, mellorando a calidade de vida no barrio, e favorecer a creación de emprego para amortecer o impacto da crise entre as familias coruñesas.
O resultado da citada revolución urbana dende 2007 e ata final de 2010 será, en números: 1.100 árbores plantadas; 6.500 puntos de luz renovados ou instalados; 90 áreas infantís renovadas, ampliadas ou creadas; intervención de mellora e renovación en 500 rúas, 20 prazas principais e 5 grandes parques; 4.700 vivendas rehabilitadas; preto de 500.000 metros cadrados de novo pavimento e máis de 200.000 metros cadrados de zona verde.
En canto aos datos de emprego, cómpre sinalar que a maior parte dos novos contratos refírese a obras que se están desenvolvendo na cidade, seguido polo sector de servizos, de subministracións e de proxectos sociais.
A maior parte destes novos empregos son obras en centros educativos, sociais e deportivos. Tamén os proxectos referidos a mobilidade urbana e seguridade viaria, ademais dos que se encadran na área de medio ambiente.
Doutra banda, as novas contratacións realizáronse entre demandantes de emprego non ocupados inscritos nos Servizos Públicos de Emprego da cidade. Segundo os datos oficiais, o PIM tivo a súa incidencia, aínda que leve, nas taxas de desemprego, xa que o mantemento dos persoais das empresas adxudicatarias e a xeración de emprego directo tiveron o seu consecuente efecto positivo.
Más:
http://www.coruna.es/servlet/Satellite?argIdioma=gl&c=Page&cid=1126200847854&itemID=1286960692361&itemTemplate=Portal-Noticia-Detalle&itemType=Suceso&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion
No hay comentarios:
Publicar un comentario