A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, subliña que “en todas as áreas científicas emerxentes hai un nome de muller”.
A máxima responsable do departamento educativo galego participou a semana pasada no Hostal dos Reis Católicos na presentación do libro “Investigadoras galegas”, da xornalista galega Iolanda Casal. O acto tamén contou coa intervención de Inmaculada Paz Andrade, catedrática emérita de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, de Elena Vázquez Cendón, representante da Unidade de Muller e Ciencia, e de Dora Blanco Heras, investigadora da USC.
Durante a súa intervención, Laura Sánchez Piñón subliñou que “a historia das mulleres estivo dominada pola negativa aos seus dereitos, sendo vetadas durante moito tempo ao mundo do saber”. Sen embargo, a titular de Educación manifestou que esta circunstancia está a mudar, e que na actualidade “a situación, a acción e os dereitos da muller son os temas máis importantes do noso tempo”.

Divulgación do traballo das investigadoras.
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria trasladou os seus parabéns á xornalista autora do libro Iolanda Casal pola publicación deste volume, que recolle entrevistas a 50 investigadoras galegas, salientando que contribuirá “a revelar á sociedade o traballo e ilusión” das mulleres que se dedican á investigación en Galicia. “Hoxe, con este acto e este libro estamos a porlle cara a moitos avances e descubrimentos nos que se asentará a sociedade futura de progreso e benestar”, engadiu Sánchez Piñón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario