La Torre de Hércules superou os 35.000 visitantes no seu primeiro mes como Patrimonio da Humanidade.
A Torre de Hércules recibiu dende o seu nomeamento como Patrimonio da Humanidade o pasado 27 de xuño un total de 35.109 visitas. Isto supón un incremento moi significativo, tendo en conta que en todo o mes de xuño o faro recibiu un total de 13.495 visitantes. Comparando os datos co ano anterior o resultado reflicte un incremento de máis de 13.125 visitantes (21.984 en xullo de 2007), cifra aínda aberta xa que o mes non concluíu. O día do mes de xullo que máis visitas recibiu o monumento foi o sábado 4 de xullo cun total de 2.660 visitantes seguido do día de onte, 27 de xullo, con 1.614 e do martes 21 de xullo con 1.317.
Durante a semana posterior ao nomeamento visitaron a Torre de Hércules un total de 13.495 persoas.
O primeiro tenente de alcalde e responsable da concellaría de Turismo, Henrique Tello, manifestou a súa satisfacción polo forte incremento de visitantes propiciado polo nomeamento da Torre como Patrimonio da Humanidade e que pasado tan só un mes xa se percibe de xeito evidente no faro, axudando de forma notable na potenciación turística do monumento e da cidade.

"Estes datos dan un índice bastante esperanzador para o mes de agosto en canto ao número de visitantes que poida recibir a cidade que permita manter un índice de ocupación similar ao ano pasado o que sería unha boísima noticia tendo en conta a actual situación de crise", explicou o primeiro tenente de alcalde.
http://www.coruna.es/servlet/Satellite?argIdioma=gl&c=Page&cid=1126200847854&itemID=1248632385100&itemTemplate=Portal-Noticia-Detalle&itemType=Suceso&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion
No hay comentarios:
Publicar un comentario