jueves, 16 de julio de 2009



+ información en www.bicicoruna.es

Onte comenzou o servizo de bicis de préstamo na ciudade, as principas normas son as seguintes:

Destinatarios:O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a persoas maiores de idade, se ben os menores con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos poderán disfrutar do sistema previa autorización expresa e responsabel dalgún dos seus pais ou tutores legais.

Queda expresamente prohibido a alta e utilización do servizo a menores de 16 anos.

Marco legal:O usuario declara coñecer e aceptalas pres entes normas de uso e estar capacitado para a conducción de bicicletas. En todo o non previsto por estas normas estarase ó disposto na Ordeanza Municipal de Circulación (publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 119 de 27 de maio de 2003), Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o Texto Artic ulado da Lei sobr e Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridad Vial e demáis normativa sobre tráfico e conducción de vehículos que o usuario se compromete a cumprir.

Empresa municipal xestora do servizo de préstamo de bicicletas:A Empresa Municipal de Viv enda, Servizos e Actividades, S.A. (EMVSA) é a empresa que xestiona o servizo por ac ordo do Pleno do Concello de A Coruña de 1 de decembro de 2008.Os datos de contacto desta empresa son os siguintes: Dirección: Cl. Manuel Murguía s/nº. Edificio Casa da Auga, 6ª planta. 15011. A Coruña. Teléfono: 608 954 997. Fax: 881 922 316. Correo electrónico: contacto@emvsa.es; www.emvsa.es; Horario de atención ó públic o: Luns a venres de 09:00 a 13:00 horas. Ademáis, durante os meses de Xullo e Agosto de 2009 estará tamén polas tardes, de 16:00 a 18:00h.

Dispoñibilidade do servizo:O horario do servizo será o seguinte:
Horario de verán (abril a outubro, ambos meses incluidos). Luns a domingo de 08:00h a 22:00h.
Horario de inverno (novembro a marzo, ambos meses incluidos). Luns a domingo de 08:00h a 20:00h.
Non se prestar á o s ervizo os días festivos designados, a excepc ión dos domingos. O tempo máximo permitido de utilización continua das bicicletas é de 2 horas. No caso de exceder este prazo aplicaránse as sancións correspondentes. O servicio poderá ser suspendido por causas de forza maior (climatolóxicas...).


Puntos de recollida:


Pincha y amplia la imagen

Puntos de préstamo das bicicletas:
Existen dez puntos de préstamo de bicicletas no núcleo urbán da ciudade, nos que poderán retirarse e depositarse, indistintamente, as bicicletas. Estos puntos son os seguintes: - Estación de autobuses. - Estación do ferrocarril. - Mirador dos Castros. - Xardíns de Méndez Núñez (xunto ó Cantón Grande). - Porta Real (Oficina de Turismo - Palexco). - Cidade Deportiva da Torre de Hércules. - As Lagoas (Paseo Marítimo). - Millennium, Labañou (Paseo Marítimo). - Praza de Pontevedra. - Casa da Auga (Rúa Manuel Murguía).

No hay comentarios: