Onte pola mañá celebrouse a I Xornada de deporte feminino, promovida polo axuntamento, nos xardíns de Méndez Núñez. Houbo moita participación, de feito, centos de nenos tomaron parte nas diversas actividades que se ofertaban e tamén houbo espectadores dabondo. Pese a tratarse dun día adicado a homenaxear á mulleres que fan deporte de alto nivel, os organizadores da cita, pretendían promover o exercicio físico entre as novas xeracións.
Un bó obxectivo que, ademáis, cumpriuse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario