"Así mesmo, a xunta de goberno aprobou inicialmente o proxecto de ordenanza de subvencións para vivendas e locais situados en zonas acusticamente saturadas (zonas ZAS). Crearase unha bolsa de axuda cun fondo de 120.000 euros anuais destinada á mellora dos illamentos acústicos das fachadas dos edificios situados en zona ZAS. O fondo será distribuído entre todos os solicitantes ata esgotar o orzamento anual. Ademais a ordenanza prevé que se fomente a redución de categoría dos locais de lecer e para iso establece unha subvención a fondo perdido do 50% do custo das obras de reforma cando estas se efectúen para transformar calquera actividade de lecer nocturno da zona nunha actividade comercial."
No hay comentarios:
Publicar un comentario